Monday 06 de May de 2024

Un total de 55 veciños e veciñas de Frades visitan a praia das Catedrais, Ribadeo e Foz


Un total de 55 veciños e veciñas de Frades participaron onte sábado nunha excursión á Mariña lucense organizada polo Concello de Frades na que visitaron a praia das Catedrais e as localidades de Foz e de Ribadeo. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo alcalde de Frades, Roberto Rey, e a concelleira de Asuntos Sociais, Ánxeles Álvarez.

A expedición partiu ás 9:00 da mañá da Casa do Concello cara a Mariña lucense, cunha primeira visita a Foz e parada para xantar nun restaurante da zona. A iso das 13:00 horas, os veciños de Frades visitaron a praia das Catedrais, coincidindo coa baixamar para un maior desfrute da visita a unha das paraxes máis singulares de Galicia.